Top

A exposición InvestigArte estará no Hospital Clínico de Santiago ata o próximo día 17 de Decembro

Despois do éxito do concurso e a estupenda acollida das exposicións de A Coruña e Santiago, Investigarte 2012-1013 volve á carga cunha nova e flamante exposición itinerante!! Composta polas 30 mellores obras seleccionadas na fase de concurso, entre as que se encontran tódalas gañadoras, e tamén cos mellores vídeos, a nova exposición de InvestigArte percorrerá de novo Santiago de Compostela este nadal! Dende hoxe, 3 de decembro, e ata o día 17, poderás disfrutar da mellor combinación de ciencia e arte no hall do Hospital Clínico de Santiago. Ademáis, próximamente anunciaremosvos novas datas en lugares que abofé visitarás este nadal! Achégate a coñecer de preto o resultado de esta primeira edición do concurso dos científicos do hoxe e do mañá!!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *