Top

Arte+Ciencia=Comeza InvestigArte 2014/15!!

Por incrible que pareza ciencia e arte teñen máis elementos comúns que diverxentes. Aínda que perseguen obxectivos dispares ambas as dúas esixen calidades e formulacións similares e dalgunha forma recíprocas.

Ambas as dúas baséanse na experimentación, a observación e a busca de novas ideas que rompan co anterior abrindo novas fronteiras. Non esaxeramos se dicimos que a arte necesitou moita ciencia para conseguir -por medio de diferentes técnicas e tecnoloxías- producir ou reproducir paisaxes, retratos, ilusións, sensacións,… A súa vez, a ciencia necesitou de moita creatividade e imaxinación para buscar a solución a problemas aparentemente irresolubles así como para desenvolver experimentos cos que testar novas ideas.

O coñecemento da anatomía humana e as proporcións foi fundamental para dar lugar a obras como o David ou a Monalisa. Imaxinar que o home podería por o pé na lúa -dalgunha forma- foi o primeiro paso para facer que isto fose posible.

Ciencia e arte poden chegar a ter principios comúns como poden ser a proporción aurea ou a secuencia de Fibonacci.

O obxectivo de investigarte é precisamente este, indagar nos puntos comúns de ciencia e arte e dalos a coñecer aos interesados en ambas disciplinas.

Participa enviando as túas obras antes do próximo 20 de Xaneiro de 2015!

Este ano ademais temos varias novidades, entre elas, que o voto onlinecomezará tras a data límite de recepción de traballos para que así, todas as obras teñan as mesmas posibilidades de ser votadas. Ata esa data, podes compartir as túas obras favoritas a través das principais redes sociais, para que os teus contactos estean informados do noso concurso.

Adiante científicos do hoxe e do mañá!! Esperamos as vosas obras!!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *