Top

Bases

O obxectivo de InvestigArte é achegar a investigación científica e a súa importancia á sociedade utilizando como vehículo os medios visuais (fotografía, ilustración, vídeo, etc), medios accesibles e visualmente atractivos que permiten, acompañados de pequenos textos, a divulgación de forma sinxela de descubrimentos científicos actuais doutro modo inaccesibles para a maioría da poboación.

Modalidades do Concurso

Existen 2 modalidades independentes en InvestigArte, en base ao perfil do autor das obras.

Pinche sobre cada un dos perfís para acceder ás Bases de Participación específicas para cada perfil.

INVESTIGACIÓN – Científicos profesionáis

1. Participantes

Poderá participar calquera persoa maior de idade vinculada á investigación científica. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases así como das decisións tomadas pola organización.

2. Temática

O tema do concurso é a investigación científica e as súas implicacións para a sociedade,
poñendo un énfase especial en como as investigacións actuais teñen unha aplicación práctica que contribuirá a mellorar a vida de toda a poboación e valorando a capacidade dos traballos presentados para transmitir esta aplicabilidade ao público non especializado.

3. Prazo de presentación

Os traballos poderán ser enviados desde o día 5 de Novembro de 2014 ata o 20 de Xaneiro de 2015, ambos inclusive.

4. Categorías

O concurso dividirase en dúas categorías:

  • Macro: Fotografías e videos de obxectos cuxo tamaño sexa maior de 1mm.
  • Micro: Fotografías e videos de obxectos cuxo tamaño sexa menor de 1mm.

As fotografías deben ser enviadas en formato JPEG mediante o formulario web. O tamaño da imaxe non superará os 1,5 Mb e debe presentar unha resolución maior de 1200 x 1200 píxeles. Os vídeos deben ser enviados en formato AVI e a súa duración non debe ser superior a un minuto.

Todo o material enviado debe ir acompañado dun título, así como dun breve texto divulgativo (entre 150 e 250 palabras)  no que se reflictan os beneficios potenciais da liña de investigación para a sociedade dunha forma accesible para o público non especializado.

Indicarase claramente o nome do autor/a ou autores/as dos traballos presentados, así como a súa afiliación no caso de que sexa levado a cabo nunha institución de investigación. O autor/a ou autores/as debe(n) posuír todos os dereitos sobre os traballos presentados e estes deben ser o resultado dunha investigación levada a cabo polos propios participantes.

Cada participante poderá enviar un número máximo de 3 traballos. As obras presentadas non poderán haber sido premiadas en concursos anteriores. Do mesmo modo, un autor non poderá ser premiado en maís dunha ocasión.

5. Como participar

As fotografías ou vídeos e os seus respectivos textos serán enviados mediante os formularios presentes no portal www.investigarte.es, dentro do prazo de participación.

6. Selección de gañadores

Os premiados serán escollidos mediante un xurado elixido pola organización composto por investigadores, divulgadores e profesionais relacionados coa fotografía e os contidos audiovisuais.

Valorarase a calidade artística e a orixinalidade das fotografías, vídeos e outros materiais audiovisuais, así como o contido científico destes. Terase en conta tamén o texto acompañante (entre 150 e 250 palabras), valorándose que presente, de xeito sinxelo e accesible a todos os públicos, as técnicas científicas utilizadas e o labor investigador desenvolvido así como, que expoña claramente a aplicabilidade do experimento. O xurado valorará por igual tanto a obra presentada coma o carácter divulgativo do texto que a acompaña.

Adicionalmente, o portal contará cun sistema de votación online (operativo dende o 22 de Xaneiro de 2015 ata o 20 de Febreiro de 2015, ambos os dous incluídos). Os votos recibidos mediante este sistema, contarán unicamente para a asignación dun premio popular, pero nunca se terán en conta para o resto dos premios do concurso, nos que a decisión do xurado de expertos constituirá o 100% do resultado final.

As obras desta modalidade (Investigadores) poderán optar a un cuarto premio. A empresa Roche, baseándose nos seus propios criterios de selección, valorará e premiará unha das obras presentadas a concurso.

O fallo do concurso terá lugar durante o mes de febreiro de 2015. A organización comunicará a través da páxina web de InvestigArte e os canáis asociados, o fallo do concurso. O resultado final será irrevogable.

7. Obras premiadas e finalistas

De entre todas as obras presentadas a concurso, tanto polos alumnos coma polos investigadores, o xurado fará unha selección das 30 mellores, que serán premiadas coa súa impresión e itinerancia como parte da colección InvesigArte. Os autores destes traballos non recibirán ningún tipo de asignación en metálico.

Desta selección de 30 obras o xurado escollerá as 4 obras finalistas desta modalidade (investigadores), dous en cada categoría (macro e micro), que levarán tamén un premio en metálico. O primeiro premio do xurado estará dotado con 400 € e o segundo premio do xurado con 200 €, libres de impostos nas dúas categorías, independentemente do número de autores dos traballos premiados. Tanto fotografías coma vídeos serán avaliados dentro da mesma categoría podendo acceder a calquera dos premios. O formato da obras non será valorado diferencialmente polos membros do xurado.

A obra desta modalidade (investigadores) máis votada na web – entre os días 22 de Xaneiro e 20 de Febreiro de 2015 – de entre todas as presentadas a concurso, será premiada cunha subscrición anual á revista Investigación e Ciencia.

A obra premiada pola empresa Roche recibirá unha asignación en metálico de 200 euros libres de impostos.

8. Exposición

A totalidade dos traballos recibidos serán expostos no portal web www.investigarte.es. O portal contará cun sistema de votación online e os 30 traballos que obteñan un maior número de votos formarán parte dunha exposición itinerante que se mostrará en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. A organización resérvase o dereito de incluír ou excluír fotos na exposición así como de levar a exposición a un maior número de cidades. Os vídeos que entren nesta preselección de 30 traballos serán expostos si as características das salas de exposición permíteno.

A xunta directiva de InvestigArte resérvase o dereito de incluír ou excluír fotos na exposición en función das necesidades organizativas que se presenten.

9. Cesión e autorización de dereitos

De conformidade co previsto no Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, todos os participantes, sen prexuízo dos dereitos morais que lles corresponden, ceden á organización de InvestigArte, os dereitos de explotación dos traballos participantes con fins non lucrativos. Esta cesión de dereitos será de ámbito mundial e terá carácter de exclusiva para aqueles participantes cuxas obras sexan seleccionadas para formar parte da colección InvestigArte.

Os devanditos dereitos comprenden a explotación das imaxes, podendo libremente e sen contraprestación económica, proceder á súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación en calquera medio, formato ou soporte coñecidos ou non na actualidade.

A propiedade intelectual dos traballos será de cada autor ou autores que desenvolvan estes e en todos os casos a publicación se realizará baixo o nome do autor ou autores do traballo.

Se desexas obter máis información ou calquera aclaración acerca do descrito, ponte en contacto a través do seguinte correo electrónico: info@investigarte.es

A organización resérvase o dereito de modificación das bases, comprometéndose a informar a todos os participantes das modificacións a través da páxina web.

EDUCACIÓN – Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional

Dentro do concurso de InvestigArte, o apartado de Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional pretende achegar a ciencia e a innovación de forma sinxela e divertida, así como facelos partícipes dos seus avances e repercusións sociais. As bases de participación nesta modalidade serán as seguintes:

1. Participantes

Poderá participar calquera alumno de ESO, Bacharelato e Formación Profesional do territorio nacional, que presente traballos nos formatos aceptados, que sexan de autoría propia.
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases así como das decisións tomadas pola organización.

2. Temática

O tema do certame é a ciencia e a tecnoloxía. Os alumnos poderán presentar obras baseadas en elementos próximos á actividade na aula e o seu ámbito que se encontren relacionados coa ciencia e os seus avances, tecnoloxía, investigación, experimentación en laboratorios, etc.

3. Prazo

O prazo de presentación iniciarase o 5 de Novembro de 2014 e concluirá o 20 de Xaneiro de 2015.

4. Formatos admitidos

Definíronse tres categorías:

Fotografía

Só se admitirán imaxes en formato dixital en alta calidade.

Enviaranse con formato JPEG a través do formulario de inscrición.
As imaxes deberán ter un tamaño mínimo de 1.800 x 1.800 pixeis. O arquivo non deberá superar os 1,5 MB de tamaño. As imaxes que non cumpran estes requisitos non serán admitidas.

As imaxes irán acompañadas dun título, así como dun texto explicativo sobre a imaxe (entre 150 e 250 palabras) , o que representa e a súa relación coa temática do certame.

O texto pode ser presentado en castelán ou galego e debe facer referencia ao autor, actividade e o centro educativo ao que pertence o alumno.

As imaxes deben presentarse de forma individual.
O participante debe posuír todos os dereitos sobre o material presentado.

Vídeo

Os traballos acéptanse en todos os formatos de vídeo dixital e poden ser gravados con móbil, cámara de fotos, unha vídeo cámara non profesional ou profesional. O vídeo terá unha duración entre 3 e 4 minutos como máximo. Os vídeos que non cumpran estes requisitos non serán admitidos.

Os vídeos irán acompañados dun título, así como dun texto explicativo sobre o vídeo (entre 150 e 250 palabras) , o que representa e a súa relación coa temática do certame.

O texto conterá entre 150 e 250 palabras. O texto pode ser presentado en castelán ou galego e debe facer referencia ao autor, actividade e o centro educativo ao que pertence o alumno. Os vídeos deben presentarse de forma individual.

O participante debe posuír todos os dereitos sobre o material presentado.

Ilustración

Trátase de traballos que se presenten noutros formatos distintos, como son, debuxos, fotomontaxes ou calquera outro formato visual existente.

As ilustracións irán acompañadas dun título, así como dun texto explicativo (entre 150 e 250 palabras) sobre a ilustración, o que representa e a súa relación coa temática do certame.

Xunto co traballo realizado, os alumnos redactarán un texto explicativo, dunha extensión entre 150 e 250 palabras, acerca da imaxe e do proxecto científico orixe desta. O texto pode ser presentado en castelán ou galego e deben facer referencia ao autor, actividade e o centro educativo ao que pertence o alumno. As ilustracións deben presentarse de forma individual.

O participante debe posuír todos os dereitos sobre o material presentado.

5. Cómo participar

A presentación dos traballos e os seus correspondentes textos realizaranse a través dun formulario de participación dispoñible na páxina web do certame www.investigarte.es.

No formulario débense cumprir todos os datos requiridos, identificando o traballo presentado, así como sinalando a categoría na que desexa participar.

6. Selección de gañadores

As obras premiadas serán escollidas mediante un xurado elixido pola organización composto por investigadores, divulgadores e profesionais relacionados coa fotografía e os contidos audiovisuais. Os nomes do xurado e/ou a súa afiliación serán comunicados unha vez pechada a fase de envío de obras.

O xurado valorará tanto distintos aspectos da actividade presentada, así como carácter divulgativo e redacción do texto que a acompaña.

O fallo do concurso terá lugar durante o mes de febreiro de 2015. A organización comunicará a través da páxina web de InvestigArte e as canles de comunicación asociadas o fallo do concurso. O resultado final será irrevogable.

Adicionalmente, o portal contará cun sistema de votación online(operativo dende o 22 de Xaneiro de 2015 ata o 20 de Febreiro de 2015, ambos os dous incluídos). Os votos recibidos mediante este sistema, contarán unicamente para a asignación dun premio popular, pero nunca se terán en conta para o resto dos premios do concurso, nos que a decisión do xurado de expertos constituirá o 100% do resultado final.

7. Obras premiadas y finalistas

De entre todas as obras presentadas a concurso tanto polos alumnos coma polos investigadores, o xurado fará unha selección das 30 mellores, que serán premiadas coa súa impresión e itinerancia como parte da colección InvesigArte. Os autores destes traballos non recibirán ningún tipo de asignación en metálico.

Desta selección de 30 obras o xurado escollerá as 4 obras finalistas desta modalidade (Alumnos), que levarán tamén os seguintes premios:

  • Premio á mellor fotografía: cámara de fotos para o alumno e unha Tableta electrónica para o profesor responsable.
  • Premio ao mellor vídeo: cámara de fotos para o alumno e unha Tableta electrónica para o profesor responsable.
  • Premio á mellor ilustración: cámara de fotos para o alumno e unha Tableta electrónica para o profesor responsable.
  • Accésit popular á obra máis votada na plataforma web do concurso: unha cámara de fotos para o alumno.

8. Exposición

A totalidade dos traballos recibidos serán expostos no portal webwww.investigarte.es. Os 30 traballos incluídos na colección InvestigArte formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá distintos centros de investigación, congresos con finalidade divulgativa e centros educativos de Galicia, e na medida dos posible, nacionais. Os vídeos que entren nesta preselección de 30 traballos serán expostos se as características das salas de exposición o permiten.

A xunta directiva de InvestigArte resérvase o dereito de incluír ou excluír fotos na exposición en función das necesidades organizativas que se presenten.

9. Cesión y autorización de derechos

De conformidade co previsto no Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, todos os participantes, sen prexuízo dos dereitos morais que lles corresponden, ceden á organización de InvestigArte, os dereitos de explotación dos traballos participantes con fins non lucrativos. Esta cesión de dereitos será de ámbito mundial e terá carácter de exclusiva para aqueles participantes cuxas obras sexan seleccionadas para formar parte da colección InvestigArte.

Os devanditos dereitos comprenden a explotación das imaxes, podendo libremente e sen contraprestación económica, proceder á súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación en calquera medio, formato ou soporte coñecidos ou non na actualidade.

A propiedade intelectual dos traballos será de cada autor ou autores que desenvolvan estes e en todos os casos a publicación se realizará baixo o nome do autor ou autores do traballo.

Se desexas obter máis información ou calquera aclaración acerca do descrito, ponte en contacto a través do seguinte correo electrónico: info@investigarte.es

A organización resérvase o dereito de modificación das bases, comprometéndose a informar a todos os participantes das modificacións a través da páxina web.