Top

Participa no IV Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos

Concurso de proxectos de Estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Toda a información en www.educabarrie.org

Profesores/as:

Cada participante ou grupo deberá contar con un/unha docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado.

Datas importantes:

  • Inscrición de traballos:   do 1 ao 15 de abril de 2014
  • Envío de traballos:           do 16 ao 30 de abril de 2014
  • Do 23 ao 31 de maio de 2014 darase a coñecer o fallo do xurado e a data do acto de entrega de premios.

Nesta mesma páxina podedes descargar o díptico e as bases do concurso, así como o cartel en A3 do IV Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos.

Inscrición

Para participares na Incubadora de Sondaxes e Experimentos é necesario que ti, como docente-titor, cubras o formulario de inscrición que aparecerá na páxina web do concurso (www.sgapeio.escando se abra o prazo. Realizarás a inscrición como profesor-titor do traballo incluíndo os datos do participante ou dos membros do grupo. A cada traballo presentado asignaráselle un código que deberá ser usado como identificador en posteriores comunicacións coa organización do concurso.

Envío de traballos

Cada participante ou grupo debe enviar o informe do seu proxecto ao correo electrónico premio@sgapeio.es, en formato pdf, preferiblemente. No asunto da mensaxe deberase indicar o código de traballo que lle foi asignado.

Os traballos presentados, realizados integramente polos estudantes participantes, deben ser inéditos e orixinais.

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca este IV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

Toda a información relativa a esta convocatoria se pode consultar na páxina web de SGAPEIO:www.sgapeio.es

O Concurso

-En que consiste?

  • En realizar un proxecto de estatística e/ou investigación de operacións: tema libre.

– Que é un proxecto de estatística e/ou investigación de operacións? É o proceso que dá resposta a unha pregunta relevante usando técnicas estatísticas.

– Como organizo un proxecto deste tipo? O proxecto debe planificarse tendo en conta dúas fases: unha primeira fase de recollida de datos e unha segunda fase de análise estatística e interpretación de resultados.

– Como podo obter datos? Sempre debemos partir dunha pregunta relevante á que pretendemos dar resposta. Así, os datos que utilicemos poden proceder de:

  • Unha sondaxe deseñada polos participantes sobre un tema de interese xeral ou de interese para o centro educativo e o seu ámbito. Na planificación da sondaxe deberase deseñar un cuestionario e, a continuación, realizarse.
  • Un plan experimental para comparar dous produtos, dous tratamentos ou outras situacións semellantes. O experimento formulado pode estar relacionado con algunha das materias que os estudantes estean a cursar ou tratar algún fenómeno cotiá.
  • Explotación de bases de datos dos institutos oficiais de estatística (EUROSTAT, INE, IGE, etc.) ou doutros organismos e institucións, ás que se pode acceder a través da rede.

– Como se presentan os resultados dun proxecto de estatística? Os resultados preséntanse mediante un informe escrito en galego ou castelán e unha presentación, no que se deben especificar, polo menos, os apartados a seguir:

  • Resumo: nun máximo de 10 liñas explicar o obxectivo principal da investigación, o desenvolvemento e a conclusión final.
  • Descrición da recollida de datos (sondaxe, plan experimental ou base de datos pública).
  • Análise estatística e interpretación dos resultados.
  • Conclusións e posibles melloras e extensións do proxecto.

– Que teño que enviar á organización do concurso? Debes enviar o informe escrito, que terá unha extensión máxima de 20 páxinas. No informe escrito pódense incluír ligazóns aos arquivos dixitais/webs que formen parte do estudo e que consideres relevantes para a valoración do teu traballo (imaxes, follas de cálculo, vídeos, blogues…), sempre que sexan de autoría propia. Este informe será o que se envíe aos avaliadores (véxase punto 7 bases).

– E se o traballo está entre os gañadores? Se o teu traballo está entre os gañadores, deberás preparar unha presentación. Ademais poderás participar na fase nacional, no caso de que se convoque (véxase punto 11 das bases).

– E se teño dúbidas? Os participantes poderán consultar as súas dúbidas a un equipo de asesores a través da páxina web do concurso.

Xurado e valoración dos proxectos

Cada proxecto será revisado de forma independente por dous examinadores, que emitirán un informe de valoración. A organización do concurso, en base a estes informes, realizará unha pre-selección dos proxectos presentados dentro de cada categoría que serán remitidos ao xurado para o seu fallo. Na valoración dos proxectos, teranse en conta os aspectos a seguir:

– A orixinalidade do tema.

– A claridade na exposición de obxectivos, fases do proxecto e resultados.

– A correcta aplicación de técnicas estatísticas e a súa adaptación ao nivel no que estudan os participantes.

– A innovación na elaboración do estudo e na presentación dos resultados.

– As ferramentas tecnolóxicas empregadas.

– As conclusións e a análise crítica do proxecto e o seu valor para o contorno do alumno.

– A transferencia do proxecto a outros grupos de alumnos do mesmo nivel educativo.

O xurado estará composto por 6 membros: un representante da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un representante de SGAPEIO, un representante do IGE, un/unha profesor/a de ensino medio, un representante da Fundación Barrié e un/unha profesor/a de unha das universidades galegas. A decisión do xurado será inapelable e os premios poderán ser declarados desertos por proposta deste. O fallo do xurado darase a coñecer mediante correo electrónico aos titores dos traballos galardoados e publicaranse na páxina web de SGAPEIO.

Categorías e premios

Categoría A: 1º e 2º da ESO

Categoría B: 3º e 4º da ESO e PCPI

Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio

A cada traballo premiado corresponderalle un diploma para o centro e material informático para o titor e os estudantes participantes.

Máis información:

  • A entrega de premios e diplomas realizarase nun acto público organizado por SGAPEIO, no que os gañadores presentarán os seus proxectos.
  • Os proxectos premiados poderanse publicar na páxina web do concurso e no boletín de SGAPEIO, previa comunicación aos titores.
  • Os gañadores na fase galega seleccionados, de estaren interesados, serán propostos para a súa participación na fase nacional, como representantes da nosa comunidade. Para a fase nacional do concurso os traballos deberán redactarse en castelán.

Proxectos e actividades de interese 

Como axuda para as vosas programacións, indicámosvos algúns dos nosos proxectos e actividades sobreEstatística e Matemáticas:

Animádevos a participar co voso alumnado, e que estas propostas de educaBarrié vos sexan de utilidade.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *