Top

Descrición

O concurso artístico dos científicos

do Hoxe e do Mañá!

InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a TRES perfís específicos:

  • Grupos de investigación
  • Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional

InvestigArte foi ideado por un grupo de investigadores apaixonados da fotografía e a súa utilidade para explicar  ás novas xeracións e á sociedade en xeral, as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas aos seus proxectos científicos.

O concurso está organizado pola Fundación Barrié a través da súa iniciativa educativa educaBarriéCampus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela) , o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS, xestionado pola Fundación Ramón Domínguez) e a Universidade da Coruña. Tamén conta co apoio e colaboración especial de ROCHE; todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través dun concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.

InvestigArte definiu distintas categorías en cada un dos perfís:

Investigación:

  • Macrofotografía (fotografías e/ou vídeos de obxectos maiores a un milímetro)
  • Microfotografía (fotografías e/ou vídeos de obxectos menores ou iguais a un milímetro)

EDUCACIÓN – Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación profesional:

  • Fotografía
  • Vídeo
  • Ilustración

Invitámoste a participar en InvestigArte. Podes gañar estupendos premios! 

Ademais, InvestigArte, organizará coas obras gañadoras de cada unha das categorías tanto de estudantes como de investigadores e profesores, unha exposición itinerante que permitirá dar a coñecer as investigacións científicas actuais así como actividades didácticas nos centros escolares ao público xeral.