Top

InvestigArte. Queres que a exposición visite tamén o teu centro educativo?

Grazas á colaboración de educaBarrié (o espazo común e punto de encontro da comunidade educativa da Fundación Barrié), realizouse unha exposición itinerante coas obras premiadas na edición 2012/2013 InvestigArte para que estea a disposición dos centros educativos que así o soliciten.

Se estás interesado en levar a exposición coas obras premiadas na edición 2012/2013 InvestigArte ao teu centro educativo, cubre o Formulario de Solicitude de Itinerancia e fáinolo chegar por correo electrónico a  educabarrie@fbarrie.org

Podes descargar o formulario de solicitude AQUÍ

Pronto estará en marcha a segunda edición. Mantente informado!

Lembra que tamén podes visitar a exposición física que recolle as mellores obras artísticas da primeira edición de Investigarte, que permanecerá na sede da Fundación Barrié da Coruña durante o curso 2013-2014.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *