Top

Xurado

Xurado da categoría Investigación

carracedoÁngel Carracedo Álvarez. Premio Extraordinario de Licenciatura, Doutor en Medicina con Premio Extraordinario, foi director do Instituto Universitario de Medicina Legal, presidente da International Society for Forensic Genetics. Director de la Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS) e do Centro Nacional de Xenotipado (CEGEN) . É autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, e membro do board de varias sociedades científicas e comisións internacionais.

Actualmente coordina a investigación coa labor clínica en Xenética médica e docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Medicina Xenómica na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

 

ji2

Patricia Barciela Durán (Mar del Plata, 1968) é Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Á vez que desenvolvía a investigación da súa tese doutoral, iniciou a súa vida profesional como docente.
En 1995 incorporouse ao equipo técnico dos Museos Científicos Coruñeses. Dende 2000 desempeña a Dirección Técnica da Domus, o museo interactivo dedicado monograficamente ao ser humano.
Como investigadora, publicou artigos en revistas internacionais e participou en congresos científicos. Como profesional de museoloxía científica, interveu na renovación e xestión de máis da metade da superficie de exposicións permanentes da Domus. Tamén participou no deseño, xestión e produción de numerosas exposicións temporais. Como divulgadora científica, publicou máis dun centenar de artigos. Tamén deseñou e organizado decenas de conferencias, cursos, eventos e talleres educativos.

 

ji3Adrián Pino. Socio-fundador da produtora audiovisual CONTROL Z, entre os principais traballos da produtora están a longametraxe CREBINSKY (DIRIXIDA POR ENRIQUE OTERO), os documentais FUNES – O INVENTOR DA LÚA, LINGUAS CRUZADAS, FALAN DE NÓS,… O docushow para TVG PRAZA ABERTA,…

REALIZO TRABALLOS DE PRODUCIÓN, MONTAXE E REALIZACIÓN. ACTUALMENTE TRABALLO MONTANDO A SERIE PAZO DE FAMILIA PARA TVG.
NO ANO 2014 FUN GALARDOADO CO PREMIO MESTRE MATEO Á MELLOR MONTAXE POLA PELÍCULA ENCALLADOS, DIRIXIDA POR ALFONSO ZARAUZA.

 

ji1José Antonio Costoya Puente é Profesor Titular de Fisioloxía na Facultade de Medicina da USC, dirixe o Grupo de Oncoloxía Molecular MOL e é membro de diversas sociedades e academias científicas nacionais e internacionais.

 

 

 

 

 

Xurado da categoría Educación

javier sampedro

Javier Sampedro Jiménez é Profesor Contratado Doutor de Fisioloxía Vexetal na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao grupo de investigación de Paredes Celulares que estuda o papel da parede na regulación do crecemento das plantas e o seu posible uso como fonte de biocombustibles. Tras finalizar a súa tese doutoral en 2001 estivo cinco anos como investigador post-doutoral naPennsylvania State University e posteriormente foi contratado pola USC dentro do programa Parga Pondal.

 

 

xacoXacobo de Toro Cacharrón é profesor funcionario no ensino público de bioloxía e xeoloxía.Actualmente alterna a súa actividade docente con actividades de asesoría científico-técnica no Gabinete de Maestros de educaBarrié (Fundación Barrié) e na formación a profesores nos centros da rede pública sobre TIC e nun máster da USC. Colabora con asociacións e grupos naturalistas facendo divulgación sobre a fotografía de natureza e sobre os usos das algas galegas como alimento.

Gañou varios premios de fotografía dixital de natureza a nivel nacional e internacional. Desenvolveu tarefas de avaliación ambiental e de investigación sobre as posibilidades das macroalgas en Galicia e Irlanda traballando en institucións públicas e privadas.
Participou en diferentes programas de sensibilización e divulgación ambiental como o Programa Atlántida da Xunta de Galicia e desenvolveu un programa de actividades mediomabientais para unha coñecida cadea hoteleira en Menorca.

 

viñas

Jose Viñas obtivo a licenciatura de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1997 foi profesor de Bioloxía e Ciencias da Natureza en diferentes institutos galegos. Exerceu catro anos como director no IES Moncho Valcarce de As Pontes, seis anos como coordinador de escola piloto no IES David Buján, para proxectos europeos de ciencia como: Xplore Health (achegar os últimos avances en investigación biomédica á aula de secundaria) ou InGenious (aproximar experiencias e prácticas de empresas europeas á aula) e dous anos como asesor pedagóxico do proxecto europeo Global Excursion (creación dun hub para compartir recursos entre profesores e investigadores).

Actualmente, ensina no IES David Buján e é coordinador de escola piloto para o proxectoeuropeo Go-Lab (introdución de laboratorios virtuais e remotos na aula de ciencias).

 

irene

Irene Baspino Fernández é licenciada en Bioloxía pola Universidade da Coruña, onde tamén obtivo a suficiencia investigadora, no departamento de Ecoloxía, cun proxecto sobre xenética de poboacións en plantas endémicas.

No eido da divulgación científica, traballou como monitora de divulgación nos Museos Científicos Coruñeses (mc2) e no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), tamén ten participado en diferentes eventos de divulgación como “O día da Ciencia na Rúa”, “Galiciencia 2014”, etc., e dende hai cinco anos é colaboradora no programa de divulgación científica EfervesCiencia da RTVG como co-responsable da sección “A guía do ceo”.

No profesional, ten traballado como técnica de medio ambiente en diversas entidades, centrando o seu traballo nas liñas de control e educación ambiental, interpretación do patrimonio natural e dinamización e participación socio-ambiental. Na actualidade traballa levando proxectos desta índole en “Feitoría Verde, S. Coop. Galega”