Top

Organizadores

InvestigArte é unha iniciativa de cinco investigadores.

Pica en cada foto para ver o seu perfil.

 

  • Jorge Barbazán García

    Laboratorio de Oncología Médica Traslacional. Fundación IDICHUS. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

  • Jorge Barbazán García

    Laboratorio de Oncología Médica Traslacional. Fundación IDICHUS. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

  • Javier Mariscal

  • Sofía Debén

  • Jaime Amaro

  • Cintia Folgueira

  • Paula Casal

  • Licenciado en Bioloxía pola USC no ano 2008. Dende 2009 é estudante predoctoral no laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional (Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela) onde traballa coa caracterización molecular de células tumorais circulantes en cancro colorrectal metastásico. Organizador de diversos ciclos de seminarios científicos no mesmo instituto e colaborador en diversas actividades de divulgación científica (Cadena SER, InvestigArte…).

  • Licenciado en Bioloxía pola USC no ano 2008. Dende 2009 é estudante predoctoral no laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional (Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela) onde traballa coa caracterización molecular de células tumorais circulantes en cancro colorrectal metastásico. Organizador de diversos ciclos de seminarios científicos no mesmo instituto e colaborador en diversas actividades de divulgación científica (Cadena SER, InvestigArte…).

  • Laboratorio de Oncoloxía Médica Translacional. Fundación Ramón Domínguez. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

    Licenciado en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid no ano 2010. No ano 2012 incorporouse ao grupo de Oncoloxía Médica Translacional como estudante predoutoral para traballar na caracterización molecular e funcional das células tumorais circulantes en cancro de pulmón metastásico e no desenvolvemento dun modelo preclínico en peixe cebra.

    As breves noticias que nos chegan no día a día son só a punta do iceberg do inmenso traballo que realizan multitude de persoas de moi diversa formación pero sen as cales a ciencia non podería avanzar; á súa vez unha axeitada percepción do labor científico pola parte da sociedade é fundamental para a súa sostibilidade e aproveitamento”.

  • Grupo de investigación Ecotox, departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

    Licenciada en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 2012 é estudante predoutoral no grupo de investigación de Ecotoxicoloxía e Ecofisioloxía Vexetal da USC onde traballa no desenvolvemento dunha ferramenta de control da calidade das augas máis eficiente e económica que as empregadas na actualidade, a biomonitorización mediante mofos acuáticos.

    “Ata que non coñeces algo non podes ser consciente do seu valor, por iso o labor de iniciativas como InvestigArte é tan importante, porque dan a coñecer todo valor dos investigadores de hoxe e todo o potencial dos do mañá”.

     

  • Rematei o Bacharelato en Vigo no 2012, ano no que me trasladei a Santiago de Compostela para estudar o Grao en Bioloxía na Facultade de Bioloxía da USC. Colaboro no proxecto de InvestigArte dende o ano 2014.

    Como persoa con intereses a medio camiño entre a Ciencia e o Social entendo a divulgación como unha vía imprescindible para que a xente comprenda mellor o mundo no que vive e cara onde se dirixe. A propia Ciencia é un mundo incriblemente grande e complexo pero, á vez, incriblemente fermoso que todos debemos ter o dereito de poder coñecer.

  • Grupos de Investigación de Fisiopatoloxía Endócrina (CHUS) e de Metabolismo Molecular (CIMUS) do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela (IDIS).

    Licencieime en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e actualmente realizo os meus estudos de doutorado en colaboración entre os grupos de Fisiopatoloxía Endócrina e de Metabolismo Molecular. Traballo na determinación dos mecanismos a través dos cales o sistema nervioso central e o tracto gastrointestinal interactuar regulando a inxestión e a homeostase enerxética. A difusión do coñecemento e o fomento da inquietude científica deberían ser ferramentas básicas na sociedade actual, xa que “a divulgación científica ten éxito se, de entrada, non hai máis que acender a faísca do asombro” (Carl Sagan).

  • Licenciatura en Bioloxía. Mestrado en profesorado na especialidade de ciencias experimentais. Mestrado en medio ambiente e recursos naturais.

    Sempre centrei o meu esforzo e interese na educación ambiental e na didáctica das ciencias naturais. Estou totalmente convencida de que a divulgación científica é unha ferramenta que favorece unha aprendizaxe e unha educación máis enriquecedora, consciente, creativa e crítica co mundo que nos rodea. Iniciativas como InvestigArte permiten transmitir e difundir o coñecemento científico e facelo accesible a todas as persoas.


educa_logo

educaBarrié

¿E se puxeramos todos os recursos dos que dispón a Fundación Barrié ao servizo da comunidade educativa? ¿E se lles facilitáramos o acceso a pais, alumnos e profesionais da ensinanza ás nosas actividades? ¿E se propiciáramos accións e proxectos a partir da valiosa iniciativa dos profesores? ¿E se creáramos accións propias e específicas do ámbito educativo utilizando os nosos recursos? educaBarrié é un espazo común e punto de encontro e de intercambio de actividades e propostas, onde o talento e o coñecemento, conxugado con valores, é un territorio común onde profesores, investigadores e alumnos nos encontramos para medrar.

www.educabarrie.org


campusvida

Campus Vida

O Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida, é unha agrupación estratéxica entre todos os actores do sector das ciencias da saúde. Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela, Campus Vida integra a Universidades, Centros de investigación, Hospitais e Fundacións hospitalarias así como empresas. Campus vida conta coa acreditación oficial como Campus de Excelencia Internacional.

www.campusvida.info


idis_logo

Instituto de Investigaciones Sanitarias de Santiago (IDIS)

IDIS é un dos 13 institutos de investigación sanitaria acreditados en todo o estado polo Instituto de Saúde Carlos III e o único en Galicia con tal recoñecemento. Configúrase como un sistema de innovación e transferencia de coñecemento de marcado carácter tras-nacional, aproveitando e ampliando a colaboración histórica e o enorme potencial de sinerxías entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, entidades ás que están vinculados máis de 50 grupos de investigación do Instituto.

www.idisantiago.es


udclogo

Universidade de A Coruña (UDC)

A Universidade da Coruña concibe a súa finalidade esencial como un servizo público de calidade orientado á procura de maiores niveis de benestar para o conxunto da sociedade por medio avances sociais, científicos e tecnolóxicos nun marco de valores éticos xeralmente aceptados. Forma parte da misión da Universidade da Coruña a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

www.udc.gal