Top

A LUME VIVO

A LUME VIVO

A imaxe parece o detalle dunha fragua repleta de brasas incandescentes e restos vexetais inertes que alcanzan a súa temperatura máis álxida na rexión central, transformando a materia en enerxía radiante e deixando restos esqueléticos agrisados flotando nunha nada de escuridade. Non obstante, en realidade trátase de fungos que creceron nun medio de cultivo de laboratorio de microbioloxía e que poden ser de certa importancia clínica humana.