Top

Acantilados

Acantilados

Fotografía tomada en Altafulla (Tarragona), máis concreto en “Tamarit”.
Encontrámonos ante un pequeno acantilado golpeado polo mar mediterráneo, un día outonal soleado, onde vemos a marea baixa e “calma”.
As augas da costa mediterránea son cristalinas deixando ver o fondo do mar, son de cor turquesa.
Nas rochas calcarias dos acantilados aprécianse ocos pola erosión da auga. Estas rochas toman unha cor cobreada ao estar en contacto coa auga. Estes acantilados, polo tanto, retroceden co paso do tempo. As ondas fan un traballo de zapa na súa base e na parte superior orixínanse desprendementos.
A vexetación está moi viva e verde polo clima da zona costeira mediterránea, encontrándonos con arbustos nas rochas e piñeiros de crecemento horizontal ao fondo dereita da foto.
As paisaxes litorais son lugares fronteirizos. Son os lugares onde se mesturan a atmosfera, a hidrosfera, a litosfera e a biosfera.