Top

Anamorfismos, os enganos do cerebro

Anamorfismos, os enganos do cerebro

Neste curso, como tema de Ciencias Naturais, estamos a aprender as funcións dos seres vivos. A que máis me sorprendeu foi a de relación, falamos sobre o cerebro, estímulos e respostas, sensacións e percepcións.
Por iso aventureime a investigar sobre este último tema. Paréceme algo incrible poder enganar ao órgano, que para min, é o máis listo de todos.
En ocasións, as imaxes que percibimos ao procesar a información recibida no cerebro son erróneas. Un anamorfismo (ou anamorfose) é unha deformación reversible dunha imaxe producida mediante un procedemento óptico ou matemático.
Neste debuxo reproduzo con lapis de cores unha imaxe na que, se prolongamos as liñas de rombos, parece que van chegar a tocarse. En realidade non é así, pois son liñas paralelas.
Como puiden comprobar con amigos e familiares, non todo o mundo ve o mesmo pois o seu cerebro e ollos non son os mesmos e moito menos as súas percepcións. Aínda así, na maioría dos casos, as persoas foron enganadas polo seu cerebro.