Top

ÁRBORE DE NADAL

ÁRBORE DE NADAL

Nestas datas ata os microorganismos felicítannos o Nadal. Esta imaxe que á primeira vista nos recorda unha árbore de Nadal coas súas ramas nevadas soportando as numerosas bólas que o adornan, é unha quimera, trátase dunha microfotografía obtida dun cultivo fungos en ágar Sabouraud, en concreto de Epidermophyton flocossum, produce infeccións na pel do home infectado coñecidas como tiña e pé de atleta. O seu contaxio é a través de lugares húmidos contaminados principalmente duchas e chans próximos a piscinas. Os hospedadores son: o ser humano e algúns animais domésticos e salvaxes. Para evitar contaxios é suficiente unha boa hixiene con auga e xabón e se hai infección o médico indicará o funxicida apropiado para o seu tratamento.