Top

Arte Moderno e Proteínas

Arte Moderno e Proteínas

Coma se dun cadro se tratase a visualización do proteoma, conxunto de todas as proteínas dun sistema expresadas nun momento dado, debúxase como un “pool” de puntos distribuídos no seu lenzo. Para obter este resultado o científico en vez de usar pinceis, extrae as proteínas dos tecidos dun organismo. Sepáraas en grupos segundo o seu punto isoeléctrico, é dicir de acordo ao pH ao que a carga das proteínas faise cero, aplicando un campo eléctrico. Por último, individualiza as proteínas nunha segunda dimensión separándoas segundo o seu peso molecular mediante o método clásico de electroforese en xeles de poliacrilamida. Grazas á tinguidura con nitrato de prata, a electroforese 2D da fotografía queda lista para a súa análise.