Top

Atardecer entre cristais

Atardecer entre cristais

Na foto represéntase o resultado dunha cristalización de hidróxeno fosfato de amonio. Realizamos varias cristalizacións, e cada unha delas quedou dunha forma distinta. Estes son os resultados.

Este traballo realizámolo os alumnos de 1º de ESO do I.E.S. Sierra de San Quilez. Para iso seguimos os seguintes pasos:

-En primeiro lugar mesturamos auga quente con hidróxeno fosfato de amonio.
-Despois de mesturalo ben metemos a mestura nunha cápsula de porexpan pechada e deixamos arrefriar a mestura durante 2 ou 3 días, sen abrir a cápsula.
– Aos 2 ou 3 días abrimos a cápsula de porexpan que pecharamos previamente. Ao abrila vimos o resultado do experimento. Cada cristal realizámolo nunha cápsula de porexpan distinta. Estamos moi contentos do resultado, porque era a primeira vez que o realizabamos e os cristais quedáronnos bastante ben.