Top

Azafrán, sensacións.

Azafrán, sensacións.

A flor da imaxe pertence á especie Crocus savitus. Ten unhas cores moi intensas como son o violeta e, no seu interior, o amarelo. A plantación realízase en primavera e ás tres semanas xermina, a finais de outono aparecen as primeiras flores.O curioso desta planta é que xera uns estames de cor avermellada, utilizada como especia dende a antigüidade, que se caracteriza polo seu sabor amargo e polo seu agradable aroma, e por iso é moi utilizado na gastronomía de todo o mundo. O azafrán é unha especia moi cara debido a que require un trato delicado se se quere obter o produto colleitable  da planta.

Esta unha foto que fixen en Decembro do ano 2014, no xardín da miña casa xa que decidín plantar azafrán para ver se podía obter a planta.
Este vexetal e esta flor ilustran á perfección unha característica única da vida: a capacidade para converter o cuantitativo en cualitativo; a capacidade de transformar as moléculas volátiles e os pigmentos en aromas, sabores e sensacións; a capacidade para traducir a química en beleza.