Top

Azul sulfato

Azul sulfato

O que representa esta fotografía son uns cristais de CuSO4. Podería explicar como se forman e escribir un texto acerca do marabilloso proceso que se encontra detrás da formación destes cristais. Pero creo que non é necesario, porque seguro que só vos estades a fixar no curioso da foto. Sereivos sincera, as miñas mellores fotos obtívenas accidentalmente e esta non é unha excepción. Fixádesvos no xogo de luces e sombras da imaxe? pois son debido a un erro co flash. Cando lle pedín ao meu profesor de Ciencias da Natureza colaboración para este proxecto, el explicoume como se cristalizaba o sulfato de cobre e ensinoume un cristal do laboratorio, entón souben que quería reflectir ese momento. Agora entendo porque lle chaman Caparrosa Azul, Bitriolo Azul e Pedra Azul. Queda claro, pois é AZUL!!. Grazas Tato por ensinarme a cor do sulfato.