Top

Beleza efémera

Beleza efémera

Nesta obra quixen captar a beleza do efémero, o pasaxeiro, e mediante unha pompa a punto de tocar o chan e converterse nun mar de gotas de xabón creo que se expresa moi ben ese desexo. Ademais dálle un toque artístico a varanda tan típica de La Concha (Donosti) que se ve nun segundo plano. O momento en que saquei a foto é tan efémero como a propia fotografía e non estaba en absoluto premeditado nin planificado ao igual que as obras impresionistas nas cales non importa o realismo do cadro, senón a esencia do momento. La beleza da cidade onde resido dende fai só uns meses e ese “vive o momento” que evoca a pompa conviven en perfecta harmonía nesta fotografía. Por outra parte ao mirar un anaco a imaxe case podemos percibir o dinamismo desta (parécenos ver á pompa flotando).Todos os sentimentos que evoca esta imaxe son positivos e, ademais, a fotografía recórdanos que aínda que algo bo se remate, o seu recordo sempre quedará na nosa mente ao igual que a pompa no obxectivo dunha cámara.