Top

Voitre en Plan (Huesca)

Voitre en Plan (Huesca)

O voitre sempre me pareceu un animal moi interesante. Os voitres son grandes e estraños paxaros de amplas ás que se encontran en todo o mundo (en montañas, chairas e bosques). Moitas especies de voitres posúen unha vista incrible, voan a grandes alturas e buscan os restos de animais mortos que deixaron os depredadores xa que son preeiros.
Os voitres realizan un traballo ecolóxico moi importante, aínda que na última década, debido ao uso de velenos prohibidos e á crise alimentaria das encefalopatías esponxiformes bovinas trasmisibles ao home mal chamada “enfermidade das vacas tolas”, os voitres viron ameazada a súa alimentación, ao prohibir abandonar cadáveres no medio natural.
Tras numerosas protestas de gandeiros que sufriron ataques nas súas explotacións ovinas e bovinas por parte destes preeiros famentos, suavizáronse as normas e permitiuse a instalación de muladares onde se depositan restos de animais sacrificados en matadoiros.
Aragón tomou moi en serio a alimentación destas aves rapaces preeiras, que xa conta con numerosos inimigos como son os parques eólicos e tendidos eléctricos.
Por iso debemos coidar os animais que nos rodean e conservar o noso Medio.