Top

Cambio de estado

Cambio de estado

Como é un cambio de estado?
Un pouco de auga e a suficiente calor axúdannos a converter o estado líquido da auga en vapor de auga. A temperatura da auga vai subindo pouco a pouco; primeiro son só unhas burbullas pequenas pero van crecendo e crecendo ata converterse en gallaróns que queren saír da pequena pota. Vai aparecendo esa nube parecida á néboa pero a diferenza desta é quente e non fría. Non é néboa, é vapor de auga.
A auga está a cambiar de estado. Para esas burbullas só hai dous modos de escapar da pota, ben saltando ao mesado, ben converténdose en vapor de auga. Pero eu non quero que o cambio de estado se prolongue moito tempo. Neste caso depende máis da rapidez do cociñeiro que de todo o anterior.
Por certo, a cor vermella non é máis que xelatina de framboesa.  Deliciosa!!