Top

Cangrexo violinista posando tras o concerto

Cangrexo violinista posando tras o concerto

O cangrexo violinista (Uca tangeri) ou máis ben coñecido como boca é unha das especies máis emblemáticas da baía de Cádiz. É doadamente localizable na zona intermareal das marismas e canos onde forman grandes grupos. Exhibindo a súa gran pinza captan tanto a atención das femias coma a dos curiosos que os observan. Nesta fotografía podemos ver como posa para a cámara facendo alarde do seu importante labor nos ecosistemas intermareais. A fotografía pretende concienciar do valor cultural das especies emblemáticas que achegan un valor engadido ao noso entorno.