Top

CAOS CRISTALINO

CAOS CRISTALINO

O ácido alxínico é un heteropolisacárido composto dos ácidos D-manurónico e L-gulurónico. Na natureza pode obterse de organismos tan diversos como as algas mariñas pardas e as bacterias. É non-tóxico, ten un elevado peso molecular e unha alta viscosidade. Debido ás súas características físico-químicas, utilizouse amplamente como estabilizador de fase en alimentos e bebidas, así como na industria farmaceútica. Outro campo de aplicacións moi importante é o da protección do medio: os xeles de alxinato utilízanse como adsorbentes para a eliminación de metais pesados tales como cadmio, cinc, chumbo, cromo e mercurio de augas residuais. Na micrografía obsérvanse cristais de Cinc que quedaron absorbidos sobre a superficie dun xel de alxinato tras ser sometido a un proceso de tratamento de augas residuais. Imaxe atractiva pola desorde caprichosa dos cristais: “A orde é o pracer da razón pero a desorde é a delicia da imaxinación” (Paul Claudel).