Top

CASULOS DE SEDA

CASULOS DE SEDA

Fun un vermiño que cambiou de cor pouco a pouco sen darme conta. Botei un líquido e non fixen máis que encherme de seda; pensei en facer igual que meus irmáns: una casiña cómoda e protexida. Os primeiros metros de seda que fixen, e coa que envolvín a miña casiña, foron brancos aínda que os homes non a queren porque din que é mala. Porén, dentro dela aparece a seda de cor.

Ás veces queremos facer a casiña, pero sáenos mal e temos que facer a nosa metamorfose sen a nosa vivenda.

Despois de dar voltas e máis voltas rematámola, empregando arredor dun quilómetro de seda. Como podedes ver, xa está rematada así como tamén a dos meus irmáns. A que é bonita? Temos moitas! Que pasará despois?