Top

Centrando toda a túa atención

Centrando toda a túa atención

Tal e como se pode apreciar na fotografía, o enfoque da cámara actúa do mesmo xeito en que o fai a acomodación do cristalino para enfocar un obxecto próximo. Esta prodúcese cando o músculo ciliar se contrae, relaxando a zónula e permitindo que o cristalino se empene.

A acomodación é algo que vai evolucionando coa idade. O grao de enfoque comeza a estar presente entre a segunda semana e o mes de vida. Aos dous meses os bebés xa poden fixar a vista de forma axeitada aínda que lles custa relaxar axeitadamente o cristalino despois. Ao terceiro ou cuarto mes de vida a acomodación é similar á do adulto, xa que o ollo está completamente formado. Conforme vai avanzando a idade adulta, vaise perdendo a capacidade de acomodación do cristalino, xa que este se volve cada vez máis groso, ata que desaparece totalmente esta capacidade.