Top

Ciclogénesis explosiva de cor

Ciclogénesis explosiva de cor

Esta ilustración realizouse utilizando colorantes alimentarios á xabón sobre un lenzo lácteo.

Ao depositar gotas de colorantes alimentarios sobre a superficie do leite, estes non se mesturan con ela, senón que permanecen na superficie debido á elevada tensión superficial da auga que contén.

Ao engadir xabón líquida ao leite coas gotas dos distintos colorantes, estes dan lugar a formas e figuras singulares debido a que as proteínas do leite se despregan (desnaturalizan) empurrando as moléculas de graxa ao seu arredor. Ademais, as moléculas de xabón agrúpanse formando esferas (micelas) arredor das partículas de graxa, que se dispersan pola mestura.

O deseño obtido vén dado pola posición inicial das gotas dos distintos colorantes e da xabón, aínda que en última instancia se trata dun proceso que depende da desnaturalización das proteínas e das distintas rutas que sigan as micelas de xabón na súa dispersión. Isto fai que en cada EXPERIMENTO se obteña unha obra de ARTE única!