Top

Clathrus ruber

Clathrus ruber

Atopamos, case sempre de xeito inesperado, este cogomelo, o Clathrus ruber, e é tarefa complexa non quedar abraiado pola súa aparencia e a súa cor. A súa forma de enreixado de ton alaranxado fará que nos preguntemos se nos atopamos ante un fungo ou ante outra cousa. O Clathrus ruber, cando emerxe da súa volva, desprende un cheiro característico a carne putrefacta, a cadáver en descomposición. O acumulo de manganeso deste fungo provoca a decarboxilación encimática dos ketoácidos e dos aminoácidos, producindo o desagradable cheiro. Cheiro que atraerá a numerosos insectos e facilitará que estes esparexan as esporas.

Foi ó comezar este ano os meus estudos de Anatomía Patolóxica, que conta cunha materia adicada á fotografía, cando me din verdadeira conta do importante traballo que realiza a fotografía no campo da investigación científica. O cheiro deste cogordo quedará gravado no meu cerebro, pero nunca serei capaz de compartilo coma esta imaxe.