Top

COLor-eARTE

COLor-eARTE

A antocianina é un pigmento que outorga cor a follas, flores e froitos. Segundo a acidez do medio a cor deste pigmento pode abranguer practicamente todo o espectro dende vermello, laranxa, amarelo, verde, azul ata púrpura. Encóntrase en moitas froitas escuras como a framboesa, a cereixa, a uva e en moitas verduras. Durante o “Campus de Verán Científico-Técnico de Lugo” os alumnos prepararon tubos de ensaio coa antocianina extraida da col lombarda e engadiron substancias da vida cotiá (zume de limón, vinagre, saliva, deterxente, lixivia, champú, etc.) para determinar a súa acidez segundo a cor que presenten.

Profesoras responsables: Rosa M. Peña Crecente e Julia Barciela García, Facultade de Ciencias, Universidade de Santiago de Compostela.