Top

Columnas cristalinas

Columnas cristalinas

Isto é unha cristalización. Para realizala necesítase:
-Dihidróxeno fosfato de amonio.
-Auga moi quente.
-Unha vara de vidro ou algo co que revolvelo.
-Un recipiente.
-un recipiente illante (que sexa un pouco máis grande que o anterior, para que caiba o outro dentro).

REALIZACIÓN
1. Vértese 1/2 litro de auga quente no recipiente.
2. Bótase 300 gramos de dihidróxeno fosfato de amonio.
3. E revólvese coa vara ata que quede totalmente disolto.
4. A mestura (aínda quente) métese no recipiente illante e tápase hermeticamente.
5. Espéranse uns días, depende de como queiras que che saia: se queres que che saian pequenos e máis xuntos déixalos un ou dous días e se queres que che saian poucos e moi grandes 3 ou 4 días.
6. Cando xa pasen uns días, ábrese o recipiente e estará a cristalización.
7. Se o queres máis grande o único que tes que facer é quitar os anaquiños pequenos e deixar os grandes, entón vólvelo poñer no recipiente (que aínda hai auga) e déixalo máis días.