Top

Constelación Celular

Constelación Celular

O peixe cebra (Danio rerio) impúxose durante a última década como organismo modelo para estudos clínicos sobre cancro e outras enfermidades humanas, xa que este ciprídino comparte o 70% do noso xenoma.

O seu curto tempo de xeración, a transparencia do embrión durante os primeiros estadíos de desenvolvemento posibilitando o seguimento de células fluorescentes e o seu económico mantemento convérteno nunha especie de laboratorio ideal para a experimentación.

A partir de mostras de distintos tipos de tumores humanos realízanse cultivos primarios e as células derivadas son inxectadas nos embrións de pez cebra, de forma que se poidan estudar características, como o seu invasividad e migración.

Na imaxe podemos ver unha serie de embrións de peixe cebra de dous días de desenvolvemento nunha gota de auga, inxectados con células de cancro de colon (HCT116), tinguidas con anterioridade á inxección cun fluoróforo, o DiI, que dá como resultado esta constelación de células.