Top

CONTINUIDADE

CONTINUIDADE

Esta foto mostra varias mans de muller unidas, agarradas como formando unha piña. Son as mans de cinco mulleres da miña familia: a miña bisavoa, avoa, tía, prima e irmá. Son cinco xeracións entre as que distan máis de 80 anos e que representan a mulleres con distinto carácter, personalidade, vivencias… pero que teñen algo en común: todas son como ramas dunha mesma árbore, todas veñen dun tronco común. É unha mostra de continuidade: esa cadea que é a vida e da que cada un de nós somos un pequeno elo.
Gústame esta foto porque transmite a forza do pasado e a esperanza do futuro. A sabedoría e experiencia que dá o paso do tempo queda patente nos sucos e engurras da man da miña bisavoa e contrasta coa ilusión e o espertar á vida que reflicte a man pequena da miña irmá. Ela é a man débil pero protexida polas demais, pola forza e o amor que dá unha familia.

Case todo pasou para algúns,
pero case todo está por chegar para outros.