Top

Craking-down Crk at pedestals

Craking-down Crk at pedestals

Mecanismo de acción de Crk na formación de pedestais pola bacteria Escherichia coli enteropatógena (EPEC). EPEC adhírese ás células intestinais humanas, provoca a desaparición das microvellosidades e a formación dun promontorio rico en actina. Dende dito “pedestal” EPEC manipula ás células intestinais o que produce graves diarreas. As diarreas bacterianas causan anualmente a morte de máis dun millón de nenos nos países en desenvolvemento.

O noso grupo profundizou en cómo se forma o pedestal, que é unha estrutura asociada a patoxénese. Estudiamos a función dos adaptadores Crk, dos que as células poseen tres isoformas (CrkI, CrkII e CrkL). Atopamos que inhiben a formación de pedestais de manera redundante: cando se eliminan as tres isoformas prodúcese un aumento no número de pedestais formados. Compárese a micrografía da dereita onde as células son deficientes en CrkI e CrkII pero expresan CrkL, coa micrografía da dereita onde se eliminou CrkL e polo tanto as células non expresan ningunha isoforma de Crk; nestas últimas células hai un maior número de pedestais.

No debuxos proponse que os adaptadores Crk compiten coa proteína Nck pola unión á proteína bacterina Tir. Na parte da dereita a inhibición das proteínas Crk por fosforilación ou a eliminación de ditas proteínas, fai que Tir se atope máis libre para interaccionar con Nck, o que promove a formación de pedestais.