Top

Cristais

Cristais

A imaxe “Os Cristais”, corresponde a un proceso de cristalización que realizamos todos os/as compañeiros/as na clase de laboratorio.
Os materiais que necesitamos son:
. Auga
. Dihidróxeno fosfato de amonio (un fertilizante de uso común)
. Vaso de precipitados
. Fogón de cámping gas (chisqueiro)
. Unha vara de vidro para disolver o sal na auga
. Termómetro de laboratorio
. Cápsula de poliestireno illante
. microondas
O procedemento é sinxelo:
Disólvese ½ litro de auga fervendo con 300 gr. de dihidróxeno fosfato de amonio. Mestúrase todo ben ata que se disolva. Déixase arrefriar lentamente dentro dunha cápsula de porespán durante dous días. Ao descender a temperatura, a disolución atravesa a curva de saturación e o sal precipita.
Foi moi interesante o poder realizar o experimento e comprobar o resultado que se obtén, porque non podes chegar a imaxinarte como con auga e sal se pode formar unha substancia cristalina.