Top

Cristais de azucre

Cristais de azucre

Este foi un dos experimentos que realizamos na materia de Física e Química, por iso decidín fotografar o proceso de cristalización.

Usei un vaso rugoso que grazas a unha lanterna produce efectos de luz ao reflectirse, tamén deixei caer unha gota no vaso para darlle cor e engadín o vaso coa mestura onde se produciu a devandita cristalización para descentrar a atención unicamente nunha zona da foto.