Top

Cristalización

Cristalización

Para realizar este fantástico cristal necesítase:

– Medio litro de auga.
– Vaso medidor e vara para remover.
– Un termómetro.
Dihidrógeno fosfato de amonio (250 gr).
– Unha báscula ben graduada.
– Un chisqueiro de butano co seu respectivo soporte.
– Un recipiente de plástico forrado de poliestireno para conservar a calor

O procedemento para realizar o cristal é o seguinte:
Ponse a quentar o litro de auga ata os oitenta graos. Pésase o dihidrógeno fosfato de amonio bótanse os 250 gr na auga e remóvese ben coa vara, quentando para que non baixe de 80 graos. Vértese toda a disolución no colector de plástico e poliestireno. Esta mestura deixarase repousar ata que baixe a temperatura e cristalice o sal. Se repites o proceso varias veces como núcleo o último cristal crecerá considerablemente.
Tamén pode deixarse o recipiente aberto (unha vez frío) para que se evapore o disolvente e os cristais crezan un pouco máis. O resultado é… belo.