Top

Cristalización Polar

Cristalización Polar

Recordamos o verán, época afastada por estas datas e… Que apetece máis que un refresco ben frío con xeo?
Para poder gozar do tan agradecido frío dos nosos xeos o procedemento vai máis alá de introducir exclusivamente auga ao conxelador.
Durante o tempo que os deixamos no conxelador (ou esquécesenos dentro durante meses) prodúcense diversas reaccións que orixinan esta transformación.
Esta auga conxélase a unha temperatura mínima de 0 graos, polo que non se necesita ningunha clase de conxelador especial. Este fenómeno débese a que a baixas temperaturas a enerxía cinética do líquido diminúe, provocando un movemento moito menor entre as moléculas facilitando a formación de enlaces. Isto dá como resultado a formación de forzas intermoleculares de carácter moito máis resistente e compacto, solidificando o outrora líquido que, por estes momentos, pasou a ser xeo, o noso xeo.
As moléculas organízanse, pero non de calquera xeito, senón que se establecen as unións de átomos de forma determinada, obtendo unha disposición molecular en forma de tetraedro.
Curiosamente e converténdose na excepción que confirma a regra, a auga non se rexe polas leis físicas da inmensa maioría de líquidos que se transforman en sólidos, e por esa razón ao solidificarse a auga, a súa densidade diminúe de forma considerable, aumentando o seu volume e provocando a súa expansión.
Así que espero que tras ler esta pequena recensión científica pensedes que detrás dun cubo de xeo, escóndese un complexo proceso.