Top

Cando quere, o mar é un Mestre Mateo

Cando quere, o mar é un Mestre Mateo

O mar, como axente xeolóxico, exerce nas costas unha acción erosiva, sobre todo debido ás ondas, que posúen unha enorme enerxía cinética consecuencia da masa de auga en movemento. En ocasións, como se ve na foto da praia das Catedráis, o resultado é plenamente artístico.