Top

Cubos de sal

Cubos de sal

Presentei unha foto tomada a microscopio dunha substancia cristalizada. A continuación explícovos o proceso: collemos un portaobxectos pequeno e nel puxemos un par de gotas dunha disolución de auga e cloruro de sodio para permitir que a súa evaporación. Ao cabo de dous días collémolo e comprobamos que tras a evaporación da auga o sal precipitara e se formaran cristais. Tomamos entón a preparación e puxémola ao microscopio co aumento máis pequeno para poder apreciar ben a bonita cristalización. Enfocamos e podíase apreciar moi ben como cristalizara, eran como pirámides vistas dende arriba, perfectas e preciosas. E esta foto é o resultado na que quixen captar a xeometría dunha substancia cristalizada vista a microscopio. Tamén se pode facer nun recipiente máis grande engadindo máis disolución e deixándoa evaporar máis tempo. Nesta ocasión nin fai falta miralo con microscopio dado que se pode ver perfectamente a simple vista.