Top

Cucú, que ves?

Cucú, que ves?

Ao estudar Anatomía Patolóxica e Citoloxía é necesario coñecer unha serie de conceptos básicos sobre fotografía ao ter que realizar un rexistro fotográfico das pezas de tecido coas que se trata no laboratorio. Así mesmo, elixín esta foto porque adoro a fotografía e aos gatos, en especial o meu, o da foto, ao cal saquei no momento apropiado para que parecese que se está a esconder, aínda que en realidade non sexa así. Os gatos teñen a necesidade de afiar as súas uñas. As cales teñen forma de media lúa con puntas ben afiadas. Adaptadas para poder trepar e agarrar as súas presas. Crecen como capas que, co tempo, se eliminan para deixar unha uña nova. Esta é unha das razóns polas que el necesita afiar as súas uñas, pero non é a única. Outra, como marcar o seu territorio, polo que o gato vén equipado con glándulas de olor nas súas patas, deixa o seu aroma e a marca das súas uñas. E tamén o de realizar exercicios de estiramento, utilizando, como se ve na foto, a árbore como agarre para estirar todo o seu corpo. Como última característica, os gatos posúen poutas retráctiles, xa que non as expoñen ao exterior todo o tempo, polo que teñen a necesidade de rabuñar superficies, e así, telas afiadas pero non longas.