Top

Danza de neuronas

Danza de neuronas

Os pasos que seguen as miñas neuronas ao bailar son os seguintes:
1. A planificación dos movementos prodúcese no lóbulo frontal.
2. A corteza premotora e a área motora avalían as sinais de ubicación espacial procedentes do lóbulo parietal.
3. Estas dúas zonas comunícanse coa corteza motora primaria, que determina que músculos hai que contraer.
4. Pola súa parte os músculos envían sinais de retorno ao cerebro.
5. O cerebelo utiliza a retroalimentación dos músculos para axudar a manter o equilibrio e perfeccionar os movementos.
6. Os ganglios basais recollen a información sensorial da rexión cortical.
7. Por último, transmite información polo tálamo ás áreas motoras.