Top

DE ÁRBORE A CINZA

DE ÁRBORE A CINZA

Todos os materiais sofren cambios: se cambian de forma pero esta transformación é reversible acontece un cambio físico; cando un material dá lugar a outro e a transformación é irreversible acontece un cambio químico. Un exemplo é a madeira, se a cortamos en anacos segue sendo madeira, pero se a poñemos ao lume, arderá e dará lugar a novos materiais. A combustión é o sistema máis empregado para aproveitar este recurso. Para que haxa unha combustión debe haber unha combinación química, violenta e un desprendemento da calor. A calor fai que a madeira se seque e se evapore a súa humidade, empézanse a queimar as partículas máis volátiles, logo as menos volátiles, apágase a chama e quedan as cinzas, que están compostas de substancias inorgánicas que non combustionan.
Ao queimar a madeira ou calquera outro combustible como petróleo, gasolina ou carbón, emánase dióxido de carbono, que é un gas extremadamente perigoso.