Top

De ouro

De ouro

O desenvolvemento, optimización e validación de métodos analíticos para a determinación de contaminantes químicos en mostras atmosféricas constitúe unha liña de investigación de grande interese.

O mercurio é un metal pesado de características moi particulares que se pode clasificar como perigoso pola súa toxicidade para a saúde humana e os ecosistemas. Está considerado como prioritario por organismos nacionais e internacionais dedicados á protección ambiental. A necesidade de levar a cabo un control eficiente dos niveis deste contaminante no medio é o que leva ao desenvolvemento de métodos analíticos cada vez máis simples, baratos, rápidos e fiables.

Na actualidade estanse a investigar novas metodoloxíaselectroanalíticas para a determinación e especiación de mercurio en diferentes matrices ambientais (auga de chuvia, auga residual, auga de río, po atmosférico de interiores e chans). Investigouse especificamente o acoplamento de metodoloxías de extracción da especie Hg(II) mediante ultrasóns á detección voltamperométricautilizando uns novos electrodos imprimidos de ouro e de carbono modificados con nanopartículas de ouro. A imaxe corresponde a unha microfotografía destas nanopartículas de ouro, tras un proceso de coloreado dixital