Top

Demasiado preto?

Demasiado preto?

Cando alguén, de xeito consciente, se achega tanto a unha tarántula (Lycosa tarantula) como para tomar unha fotografía na que se poidan ver tan ben os detalles da súa “cara” é porque é moi valente… ou porque unha avespa parasitoide lle acaba de picar deixándoa paralizada. Este último é o meu caso. Unha situación excepcional da que ambos os dous saímos favorecidos, eu pola foto e ela porque se puido librar dun futuro digno da película Alien.

E todo iso sen saír da zona sur de Madrid, moi preto dos depósitos paleontolóxicos do Outeiro dos Batallóns, onde traballo os veráns… Pero iso é outra historia.

O dito: Demasiado preto? Eu ao tomar a foto e ela de perder a vida.