Top

Despertando en Ribeira Sacra

Despertando en Ribeira Sacra

Dende hai varios anos e no marco de distintos proxectos de investigación, estudamos o comportamento fenoloxía (época debrotación, época de floración, callado, envero, maduración…) e a variabilidade da variedade Mencía, en viñedos de Ribeira Sacra(Provincia de Lugo), situados a diferentes altitudes, con maior ou menor pendente, con maior ou menor grao de insolación etc. Despois de varios meses de repouso, nos que as cepas vellas parecen tozosmortos de madeira, prodúcese en primavera o milagre da brotación. É a partir deste estadío cando iniciamos as mostraxes de seguimento fenoloxía das cepas obxecto de estudo. É tamén neste momento, un dos máis delicados do ciclo vexetativo das cepas, cando temos o primeiro dato sobre a calidade e cantidade que podemos esperar para a próxima colleita (en función do número e tamaño de pequenos acios que leva cada brote). Na fotografía pódense ver as pequenas hojitasen expansión e escondidos tras elas, os acios en miniatura.