Top

Disposta a voar

Disposta a voar

Aínda que non é unha bolboreta, os grans de pole albergados nesta antera de pitangueira (Eugenia uniflora) estanse a preparar para voar. A antera está xeralmente dividida en dúas metades, as tecas. Cada teca leva dous microesporanxios ou sacos polínicos, dentro dos os cales se producen e almacenan os Grans de Pole- dando como resultado este impresionante aspecto, coma se fose unha Bolboreta, grazas ás técnicas de tinguidura que permiten visualizalo con fluorescencia. O gran de pole pode considerarse a parella masculina no proceso de reprodución sexual das plantas, cuxa función é transmitir a información xenética paterna no momento da fertilización. Debido ás súas peculiares características, o gran de pole ten hoxe innumerables aplicacións, sendo obxecto de estudo en moitas áreas da investigación vexetal.