Top

Distribución topográfica e caracterización fenotípica de linfocitos Intraepiteliais

Distribución topográfica e caracterización fenotípica de linfocitos Intraepiteliais

O vídeo representa como se produce a reacción antíxeno-anticorpo nun linfocito dunha mostra procedente dunha citoloxía por cepillado na conxuntiva humana.

A conxuntiva é unha membrana mucosa que reviste o globo ocular dende a cara posterior da pálpebra ata o limbo esclerocorneal.
Xoga un papel fundamental como barreira mecánica e inmunolóxica fronte a todo tipo de agresións.
A conxuntivite é unha inflamación da conxuntiva bulbar e/ou tarsal causada pola acción de axentes infecciosos, alérxicos, autoinmunes, tóxicos ou mecánicos.
Trátase da patoloxía que con maior frecuencia afecta ao globo ocular e a que máis volume de consultas orixina tanto a nivel de atención primaria como en atención especializada.
O obxectivo do estudo é a busca de biomarcadores. Para iso estudouse a proporción de linfocitos intraepiteliais e distribución en tres rexións da conxuntiva, bulbar superior, tarsal superior e fornix inferior.
O primeiro grupo de estudo foron suxeitos sans. Caracterizar a conxuntiva sa.
Posteriormente estudáronse pacientes con diferentes tipos de conxuntivite (infecciosas, alérxica, autoinmunes). Comprobar quebiomarcadores están alterados nas diferentes patoloxías.
A caracterización das mostras realizouse por citometría de fluxo.
Identificar os biomarcadores alterados e tratalos, poderá servir para dar un mellor tratamento ao paciente.