Top

División Celular

División Celular

As células poden dividirse dando lugar a dúas células fillas idénticas entre si salvo erro. No caso de organismos unicelulares, este é o seu método de reprodución. En cambio, en organismos pluricelulares, a división celular é un mecanismo de reparación ou crecemento do individuo.

A división celular acontece en dúas fases: nunha primeira divídese o núcleo (isto é o que se chama mitose) e despois divídese o citoplasma (citocinese).

Previamente á división, o material xenético ten que duplicarse. É por isto, que cada cromosoma que se pode ver durante a mitose, en realidade son dúas copias exactas (cromátidas irmás). Cada cromátida irmá dun cromosoma, irá a un polo da célula e así formar o núcleo da nova célula.

Fixen este video usando plastilina e la sobre papel, facendo fotografías para logo unilas cun programa informático (movie maker).

Axudáronme a levalo a cabo, os meus compañeiros de clase Samuel e Iván.