Top

O ARMA DE FIXACIÓN INTESTINAL

O ARMA DE FIXACIÓN INTESTINAL

Esta fermosa probóscide corresponde a un dos acantócefalos (Rhadinorhynchus sp.) que máis afecta a familias de peixes de interese comercial como: Scombridae, Xiphidae, BelonidaeCarangidae e Bramidae no NE do océano Atlántico. En concreto esta probóscide corresponde ao estadio de cistacanto (a fase infectiva para o hospedador definitivo) que foi encontrado infectando a eufausiáceos da especie Nyctiphanes couchii nas augas circundantes da Ría de Vigo. Este arma de fixación está composta por un número de filas que oscila entre 10 a 14, con 26 ganchos por fila e caracterízase por posuír un anel de ganchos na base da probóscide máis erecto ou vertical e con ganchos máis longos que o resto. Con esta dotada arma será capaz de atravesar a parede intestinal dos peixes e quedarse fixado unha vez que o peixe inxira o cistacanto pasivamente ao predar sobre os eufausiáceos infectados.