Top

O bico da luz

O bico da luz

O efecto lumínico que apreciamos é a difracción, acontecida na posición, lugar e hora exactos. Este fenómeno foi inmortalizado grazas á posición na que se encontraba o sol e o outeiro, permitindo que os raios solares atravesasen as follas, que actúan como unha fenda. Isto ensínanos a verdadeira beleza que reside na luz.
O mofo nútrese directamente da atmosfera. Na instantánea apreciamos a fermosa harmonía entre os peculiares raios de sol e o mofo. A luz bícao nun intercambio de sensacións e monotonía.