Top

O bosque encantado

O bosque encantado

As enfermidades neurodexenerativas como a enfermidade deAlzheimer, a enfermidade de Parkinson ou a esclerose lateralamiotrófica, cursan coa perda de poboacións neuronais específicas. Con poucas excepcións, as causas etiopatológicas destas enfermidades son descoñecidas, en boa medida, e mesmo nos casos nos que foron identificados os mecanismos, estes son aínda especulativos. Non obstante, é rechamante a presenza de similitudes nos procesos neurodexenerativos a nivel celular e molecular.
O cerebelo é a subdivisión do cerebro que contén o maior número de neuronas. A capa das células de Purkinje é unha capa moi fina que contén os corpos celulares destas neuronas. As súas prolongacións forman unha arborización característica: emerxe da porción superior do corpo celular e divídese só nun plano.

Ao observar a arborización dendrítica destas neuronas véñensenos á cabeza as imaxes dos bosques encantados das superproducións cinematográficas.

A fotografía, tomada cun microscopio confocal, a partir dunha mostra de tecido ao que se lle realizou unha inmunohistoquímica de fluorescencia, mostra as células de Purkinje características do cerebelo, que presentan unha tinguidura en azul, debida ao marcador Tuj1 que é unha proteína abundante no sistema nervioso central e tamén presentan unha tinguidura verde, grazas ao marcador MAP2 que é a principal proteína asociada aos microtúbulos de tecido encefálico.

O obxectivo do noso traballo, é xerar un modelo de rato deneurodexeneración.
Será real ou será parte do BOSQUE ENCANTADO?