Top

O BURRO

O BURRO

O burro ou asno é un animal, que soe vivir no campo e nas granxas, da familia dos équidos. Os antepasados destes animais foron amestrados por primeira vez aos comezos do V milenio a.C. Actualmente existen varias razas de burros en España: o burro andaluz ou cordobés, o burro catalán, o burro das Encartaciones e o burro zamorano ou leonés. Os burros son animais moi nobres, utilizados polas persoas para realizar tarefas do campo. Era o encargado de realizar tarefas de transporte e outros moitos traballos importantes. Por desgraza, nestes últimos anos, este animal foi substituido por tractores e outros tipos de maquinaria. Aínda así, segue realizando a tarefa de resgardar os rabaños de ovellas, xa que avisa antes da chegada do lobo. Eu penso que é un animal que nos axudou moito nas tarefas do campo e que debería ser máis respectado.