Top

O CICLO SEN FIN

O CICLO SEN FIN

Crecen moi rápido, alcanzando a madureza sexual antes do ano para inmediatamente emprender unha das etapas máis importantes da súa curta vida, a reprodución. A lura común (Loligo vulgaris), como a maioría dos cefalópodos, adopta unha estratexia de vida baseada na solidariedade coa súa proxenie. Viven e crecen rápido, para morrer despois da súa reprodución froito do importante investimento enerxético que supón realizar unha posta de miles de ovos (ata 74.000). Deste xeito, os seus descendentes nunca competirán cos seus pais polo espazo e o alimento, incrementado as súas posibilidades de supervivencia.

É nesta última etapa da súa vida cando a lura realiza migracións a costa en busca das condicións máis favorables para o óptimo desenvolvemento da súa proxenie (temperaturas frías). Durante estas agregacións reprodutoras, as luras realizan un cortexo enchido de patróns de coloración e posturas para conseguir aparearse. Este é o insólito fragmento que podemos contemplar no vídeo que aquí presentamos, varias parellas de luras en torno a unha estrutura artificial despregada estratexicamente no Parque Natural de Cabrera onde agarran a súa posta. Grazas ao proxecto CEFAPARQUES, puidemos desvelar cales son os patróns espazo temporais e as zonas preferenciais que escolle esta especie para realizar a súa posta, un dos aspectos claves na perpetuación desta valorada especie.